Conocer la historia tallada en las piedras

Ruta por os lagares rupestres 

Os lagares son estruturas esculpidas na  pedra para depositar as uvas e proceder ao seu pisado ou esmagado. Alí conseguíase o mosto de cuxa posterior fermentación acababa por obterse o viño.

Os canteiros tallaban estes lagares nos propios emprazamentos nos que había afloramentos graníticos, por iso é posible atopar moitas destas estruturas en lugares agrestes. Foron localizados exemplos en territorios correspondentes á práctica totalidade das denominacións de orixe galegas, aínda que a súa presenza é máis evidente no caso da D. O. Monterrei e, especialmente, en Oímbra. Nese municipio foron contabilizadas máis dunha ducia destas estruturas, o que constitúe toda unha proba das boas condicións que tiña xa en séculos atrás para a cultura vitivinícola. Hoxe en día esa tradición produtora mantense, aínda que en instalacións modernas, de tal forma que aqueles primeiros lagares pasaron a ser un elemento etnográfico, patrimonial e turístico. Tanto é así que as autoridades locais convertérono nun dos principais reclamos promocionais do municipio.

 Diversos investigadores determinaron que algúns dos lagares preservados en Galicia poderían remontarse xa á época dos romanos, os que se poden ver en Oímbra corresponden presumiblemente á Idade Media, a unha época na que os pequenos produtores procesaban as uvas nos lugares habilitados nos propios viñedos polos canteiros. Ademais do espazo para o pisado do viño , a maioría dos lagares dispoñían dun depósito (pío)para recoller o mosto situado nun plano inferior ao primeiro, aínda que nalgúns casos empregábanse depósitos de madeira (barcales) para esta última función.

Da Cotiña, do Lagar, Da Regata da Vela, Da Quinta, Do Patulo, Da Fecha, Das Viñas, Dos Mouros ou Da Tapadiña son algúns dos evocadores nomes dos lagares que atoparás en Oímbra. En todos eles é posible apreciar o labor que realizaron os canteiros na pedra e imaxinar como era o traballo dos antigos viticultores. Ademais, o lagar de Xan Petro (incluído xunto co da Ribeira de Fornos na ruta comarcal de lagares de Monterrei) foi reconstruído dotándoo dunha prensa de madeira para poder apreciar así o seu aspecto orixinal ao completo. 

 Non moi lonxe de alí atópase tamén o lagar das Barrocas, unha estrutura de 30 metros cadrados de superficie que a converten posiblemente na de maiores dimensións de toda a comarca e que ademais está integrada nunha construción tradicional que incluía vivenda e adega. 

 Se queres obter máis información sobre a localización concreta dos lagares de Oímbra e proxectar unha visita ao municipio non tes máis que visitar a páxina web http://www.oimbra.es/images/pdf/guiaab.pdf.

 

Precio
20.00€
Ciudad: OIMBRA
Calle: Rúa Ladairo, 36 (O Rosal)
C.P.: 32613
Teléfono:
info@bodegastriay.es