O AECT Eurocidade Chaves-Verín ten o compromiso de prestar especial atención aos seus cidadáns maiores e á promoción do envellecemento activo co obxectivo de facer desta franxa de poboación un valor engadido efectivo da sociedade. 

Esta reedición do programa de termalismo social inclue unha caracterisitica especial e é que tamén inclue aos coidadores de maiores en situación de dependencia, facilitando a estas persoas unha forma alternativa de recuperarse física e psicoloxicamente do labor inherente ao coidado dun maior en situación de dependencia.

REQUISITOS

• Estar xubilado, ter mais de 60 anos, ou ser cuidador de persoas en situación de dependencia

• Ser residente na Eurocidade Chaves-Verin ou na área de influencia do Alto Tâmega Transfronteirizo (Oimbra, Monterrei, Cualedro, Vilardevós, Castrelo do Val, Laza, Valpaços, Montalegre, Boticas, Va Pa de Aguiar, Ribeira de Pena).

INSCRICIÓN

• O Formulario de inscrición poderá descargarse na web www.termasdechaves.com ou solicitalo  nos Postos de Turismo de Verín e Chaves ou nas Termas de Chaves

• Copia do DNI

• Copia do documento comprobante da situación de xubilado

• Copia do documento comprobante da situación de cuidador dunha persoa en situación de dependencia.

COMO OPTAR AOS TRATAMENTOS 

• Poderá optar por tratamentos personalizados con acceso a 20% de desconto (excepto inscrición e consulta) ou escoller un dos programas específicos, preparados para quen pretende deixar de fumar, combater a obesidade, ou para tratar patoloxias  variadas:  óseas,  articulacions, músculares, aparello dixestivo, circulatorio e vias respiratorias.

• Cada programa xa inclue a  inscrición, a consulta e o apoio médico durante a cura termal sempre que sexa preciso será axustado e personalizado a condición de cada agüista.

• Os programas incluen o transporte de autobús de ida e volta (desde Verin), cunha  duración total de 12 dias consecutivos de tratamento.

 CONDICIÓNS:

 - El precio estará exento de iva baixo o amparo do artigo 9 do civa

- Inscricións limitadas a grupos de 50 persoas

- A reserva implica un custo de 25 € que se abonará no momento da inscrición. Este valor será descontado nos tratamentos a realizar (non reembolsáveis en caso de renuncia).

- O valor pendente será liquidado nas Termas de Chaves, o primeiro día do programa.

- Transporte unicamente disponible desde Verin. Lugar de saída: Praza do Concello de Verín. O tipo de transporte (táxi, bus, minibus,...) será contratado segundo o número de inscritos.

PERÍODOS DISPOÑIBLES-14 ó 25 de outubro-11 ó 22 de novembro- 9 o 20 de decembro

 Os programas de termalismo social da Eurocidade Chaves-Verin son unha acción de proxecto Eurocidade_2020 aprobado pelo Interreg España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) con o cofinanciamento do FEDER.

 

Condiciones servicio: 
REQUISITOS • Estar xubilado, ter mais de 60 anos, ou ser cuidador de persoas en situación de dependencia • Ser residente na Eurocidade Chaves-Verin ou na área de influencia do Alto Tâmega Transfronteirizo (Oimbra, Monterrei, Cualedro, Vilardevós, Castrelo do Val, Laza, Valpaços, Montalegre, Boticas, Va Pa de Aguiar, Ribeira de Pena).
Precio: 
137.00€