CONXUNTO DO SAN ANTÓN:CRUCEIRO,CAPELA E LAGAR
 
Un percorrido curto que poden facer os mais pequenos, dende o Manantial de Cabreiroá seguindo as indicacións da señalética de "Lagares Rupestres" .
O primeiro que atopamos é o cruceiro restaurado; a capela é un templo sinxelo, de planta rectangular con teitume a dúas augas, con moitas reformas ao longo dos séculos a última no 2014. Conta con perpiaños romanos, elementos románicos e algunha ampliación do século XVIII.
 
Lugar de celebración da romaría de Santo Antón que se atopa entre a mitoloxía ancestral e a relixiosidade popular. Ofrenda ao santo protector e benfeitor o 17 de xaneiro, data de celebración da festividade de Santo Antón abade, venerado na Igrexa Católica.
 
A localidade de Ábedes (Verín) celebra o 17 de xaneiro a romaría de Santo Antón, máis coñecida como Festa do Chourizo.
Debaixo do empedrado novo, o sur da capela, atopamos un penedo cun petróglifo; o conxunto de San Antón complétase cun Lagar Rupestre xusto detrás da capela, un dos máis accesibles.
 
Precio: 
0.00€